Historia dos xudeus en Inglaterra

Comunidades xudías na Inglaterra medieval

A historia dos xudeus en Inglaterra remóntase ao reinado de Guillerme o Conquistador. O primeiro rexistro escrito sobre un asentamento xudeu na historia de Inglaterra data de 1070. Os asentamentos continuaron ata que o rei Eduardo I de Inglaterra emitiu o Edicto de Expulsión en 1290.

Trala expulsión non quedaron comunidades xudías máis aló daqueles o practicaban en segredo, ata o goberno de Oliver Cromwell. Mentres que Cromwell nunca readmitiu formalmente aos xudeus na Mancomunidade de Inglaterra, unha pequena comunidade de xudeus sefardís foron identificados en Londres e recibiron permiso para quedar alí.

O acta de naturalización xudía de 1753, supuxo un intento de legalizar a presenza en Inglaterra[a] que durou tan só uns poucos meses. Os historiadores sitúan a data da emancipación xudía entre 1829 ou 1858, cando Benjamin Disraeli, nado xudeu pero converso ao anglicanismo, foi elixido no Parlamento en 1837. Por insistencia do líder irlandés Daniel O'Connell, a lei de 1846 coñecida como "De Judaismo", que prescribía a vestimenta dos xudeus, quedou abolida.[1] Debido a ausencia de violencia antisemita en Gran Bretaña durante o século XIX, o país adquiriu fama da súa tolerancia relixiosa e atraeu un número significativo de inmigrantes de toda Europa. Entre as décadas de 1930 e 1940, algúns xudeus europeos escolleron Inglaterra para fuxir dos nazis do Terceiro Reich.

Os xudeus tiveron que afrontar os estereotipos e antisemitismo en Gran Bretaña, moitas veces "acompañado da xermanofobia", o que levou a moitas familias a anglicizar os seus apelidos para evitar que pareceran demasiado alemáns.[b] [2]

Na actualidade hai case 300 000 xudeus británicos, e Inglaterra contén a segunda maior poboación xudía de Europa e a quinta a nivel mundial.[3]


Erro no código da cita: As etiquetas <ref> existen para un grupo chamado "lower-alpha", pero non se atopou a etiqueta <references group="lower-alpha"/> correspondente

  1. Jewish Ireland. Jewishireland.org
  2. James Ciment, Thaddeus Russell (eds.), The Home Front Encyclopedia, Volume 1, ISBN 1576078493, p. 236
  3. "London Jewish Museum reopens after major face-lift". Arquivado dende o orixinal o 16 de agosto de 2020. Consultado o 05 de xuño de 2018. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search